sexta-feira, 26 de março de 2010

Góis visita Oroso este Fim de Semana

Porque se trata de um intercâmbio, e por cá nada foi publicado, fica a noticia do intercâmbio entre Góis e Oroso como publicado em Oroso. 

"A comitiva visitou hoxe o municipio e as distintas dependencias municipais, e manterá esta tarde unha reunión de traballo cos técnicos e políticos do Concello de Oroso.

Unha delegación municipal da Cámara Municipal de Góis (Portugal), encabezada pola nova presidenta da Cámara Municipal de Góis (o equivalente en Galicia á figura da alcaldesa), María de Lurdes Oliveira Castanheira, está a visitar hoxe o concello de Oroso. Unha visita que ten un dobre obxectivo: que a nova corporación lusa coñeza o municipio co que están irmanados dende setembro de 2007 e “reforzar eses lazos de unión, para seguir traballando xuntos como irmáns institucionais que somos”, sinala o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

A comitiva oficial lusa encabezada por María de Lurdes Oliveira Castanheira, conta tamén coa presenza do vereador (o equivalente en Galicia a un concelleiro) Mário Barata García e do presidente da Asamblea Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho. Unha comitiva que se completa, pola parte orosán, coa presenza de todos os concelleiros das distintas áreas de Goberno, que esta tarde manterán unha reunión de traballo coa comitiva lusa na que tamén participarán técnicos municipais.

Mirás Franqueira asegura que estes encontros “serven para renovar os lazos de unión con Góis e seguir na liña de colaboración iniciada entre ambos municipios”. Un punto no que incidiu tamén María de Lurdes Oliveira Castanheira ao asegurar que “vimos continuar un traballo xa iniciado por José Girao Vitorino (recentemente falecido) e a propoñer outras accións de colaboración en materia de Protección Civil, de protección de menores, cultura, biodiversidade, servizos sociais... temos moitas áreas nas que podemos traballar en conxunto”.

Intercambio de experiencias

Neste sentido, José Antonio Pereira de Carvalho foi máis aló e asegurou que “hai que dar un novo impulso ás relacións entre Góis e Oroso” e avogou por “fomentar un intercambio maior entre as nosas poboacións”. Neste sentido, dende a sinatura do irmanamento entre ambas localidades en setembro de 2007, téñense realizado un intercambio de mozos o pasado verán, dúas xornadas internacionais sobre servizos sociais e sobre Protección Civil, así como as distintas edicións do certame internacional OrosoArte.

Manuel Mirás apunta que “este tipo de actividades son moi interesantes para o intercambio de experiencias” e explicou que bota en falta na política española a existencia dunha figura como o presidente do pleno, existente en Portugal. “Hai que pensar que, en ocasión, o alcalde vese na obriga de defenderse dos ataques da oposición e, claro, é moi difícil defenderse e moderar ao mesmo tempo”, comentou Mirás Franqueira.

Pola súa banda, a presidenta da Cámara Municipal de Góis amosou a súa sorpresa polo desenvolvemento das sesións plenarias en Galicia. “Onte se discutíu aquí de alta política, foi un pracer coñecer o funcionamento dun pleno, que son ben diferentes aos que nós facemos”, sinalou Oliveira Castanheira. Un punto no que os asistenes bromearon co feito de que a sesión de onte superara as dúas horas de duración, ao que a delegación lusa respondeu que fora “moi curto”, pois en Góis os debates poden durar entre 4 e 6 horas.

Relación de visitas

Logo de asinar no libro de honra do Concello de Oroso, a comitiva oficial realizou unha visita polas dependencias municipais de Oroso. Posteriormente, desprazáronse ata a gardería municipal da Ulloa, onde recibiron un “libro viaxeiro” no que traballaron os propios cativos e no que se explican as actividades que se desenvolven na gardería. “Libro viaxeiro” porque conta con páxinas en branco para que os rapaces da gardería de Góis o enchan e o libro volte a Oroso nun futuro.

Acto seguido, a comitiva acudiu ao telecentro de comunicións, onde mantiveron unha videoconferencia co telecentro de Brión. Despois de coñecer o departamento de Servizos Sociais, a comitiva oficial visitou o polígono industrial de Sigüeiro, onde realizaron unha visita guiada polas instalacións de Vegalsa.

Esta tarde terán lugar unhas reunións de traballo (a porta pechada) entre os representantes lusos e os distintos concelleiros de Oroso para analizar futuras colaboracións en áreas como os servizos sociais, o turismo, a educación, a economía e a cultura tanto a curto como a medio prazo. Así, a visita servirá para avanzar nos preparativos do certame Oroso-Góis Arte.

Irmanados dende 2007

Oroso e Góis están irmanados dende setembro de 2007 xa que se trata de dous municipios con moitas semellanzas dende o punto de vista natural (como a importancia que teñen para ambos os ríos), patrimonial (xa que ambos forman parte do Camiño de Santiago) e cultural (pois ambos colaboran na organización do certame internacional OrosoArte). Un irmanamento asinado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo anterior presidente da Cámara Municipal de Góis, José Girao Vitorino, recentemente falecido.

Góis pertence ao Distrito de Coimbra, está situada a 140 quilómetros de Oporto e está composta por cinco “freguesías” (parroquias). Cuns 5.000 habitantes, trátase dunha localidade que comparte con Oroso a súa profunda relación cos ríos (o Ceira) e un gran dinamismo social e cultural, como demostra a celebración do certame internacional Góisarte. Unha mostra na que leva participando varios anos o Concello de Oroso e que é o xermen do certame OrosoArte.
Programa da visita
A visita da delegación da Cámara Municipal de Góis desenvolverase de acordo co seguinte programa de actividades:

Xoves 25 de marzo.
- 17:30 horas. Chegada e recepción no Concello de Oroso. Sinatura no Libro de Honra.
- 19:00 horas. Asistencia ao pleno ordinario do Concello de Oroso.

Venres 26 de marzo.
- 10:00 horas. Recepción no Concello de Oroso. Visita ás dependencias municipais.
- 11:00 horas. Visita á escola infantil da Ulloa para nenos menores de 3 anos.
- 12:00 horas. Visita ao Centro Multimedia. Teleconferencia co telecentro de Brión.
- 13:00 horas. Visita ao polígono industrial e á sede de Vegalsa.
- 16:30 horas. Reunión de traballo. Preparativos da nova edición de OrosoGois Arte. Intecambios de experiencias e valoracións."
in  http://www.concellooroso.com/

28 comentários:

  1. Parabéns Dr.Mário Garcia.Valeu a pena esperar quatro anos (2006)para ser "alguém" no concelho de Góis (oficialmente). Ele são viagens oficiais a Lisboa/Coimbra/..../ Espanha (E quem sabe ao Brasil num futuro), mas o que interessa realmente foi "inverter" a desconfiança mútua que tinha com a colega agora Presidenta. Adiante, vamos ver no que vai dar tantos "carinhos" entre os membros da maioria socialista.

    ResponderEliminar
  2. Isto não pára,comer e beber e passear quem não gosta.
    Vai ser um mandato e peras.
    Depois quando o sr.Paulo Silva Tocar melhor concertinae sr.Valentim é velos.
    Depois vai com eles a Confraria do Cabrito e das Castanhas com o sr.Casimiro e sr.Armindo é semore abrir.

    ResponderEliminar
  3. Rapaziada quero ir a OROSO,para comer lá uma cataplana de Marisco nem que tenha de ser militanta do PS.
    Digam-me como posso ir,para tratar já do assunto

    ResponderEliminar
  4. Bem...estamos no bom caminho...
    Presidente não estará a tirar algum curso ou ate mesmo como se aprende a guvernar ´com os espanhois???

    SERIE 5 a espreitar...

    ResponderEliminar
  5. Anónimo1/4/10 17:06

    Ó serie 5 contuia a espreitar que eu gosto do que espreitas!

    ResponderEliminar
  6. Anónimo2/4/10 16:40

    Tambem quero ir a OROSO

    ResponderEliminar
  7. Anónimo3/4/10 07:35

    O Pai Natal da Lapónia está a ficar bera com Góis.
    Porque Gois e capital das prendes de Natal todo o Ano

    ResponderEliminar
  8. Anónimo3/4/10 18:44

    Atauuuuun e qé que ele vai dar a seguir???????

    ResponderEliminar
  9. Anónimo4/4/10 04:46

    Mais uma festinha prá rapaziada. Queres mais?...

    ResponderEliminar
  10. Anónimo6/4/10 17:10

    Quero ir a Oroso ao Marisco.
    Onde me vou escrever ?

    Será na Confraria da Castanha e do Cabrito
    Ao no Corterredor.
    Junta de Gois
    Ou no PS

    Quero ir a OROSO

    ResponderEliminar
  11. Anónimo7/4/10 11:39

    Só vai a Oroso, quem é vaidoso! Tu, nem mereces ser vaidoso, portanto não vais...

    ResponderEliminar
  12. Anónimo7/4/10 19:08

    O das 1.39 fala de vaidade como se fosse uma virtude. Pois fique sabendo que é um dos sete pecados mortais. O vaidoso tem o objectivo de chamar a atenção, ser admirado, causar inveja aos outros. Ora, que seja por boas práticas morais.

    ResponderEliminar
  13. Anónimo7/4/10 19:12

    O Sr fala de vaidade como se fosse uma virtude. Pois fique sabendo que é na verdade um dos sete pecados mortais. O vaidoso gosta de chamar a atenção, ser admirado, causar inveja aos outros (que burrice). Ora, então que seja por boas práticas morais.

    ResponderEliminar
  14. Anónimo7/4/10 21:40

    A vaidade, chamada também de orgulho ou soberba.
    É o que se lê no comentário das 5.39

    ResponderEliminar
  15. Anónimo8/4/10 02:08

    Seus nabos! Vocês não vêem que aquilo é uma rima, um verso! Oroso rima com vaidoso...

    ResponderEliminar
  16. Anónimo8/4/10 15:59

    Ai ai ai,socorro,socorro!
    Eles comem tiudo enão deixam nada!!!!!!!!!!!!
    Eu também me posso vestir xique!
    Também queeeeeeeeero!

    ResponderEliminar
  17. Anónimo8/4/10 17:01

    Eu também quero ir Oroso.
    Já me contaram só vai amigos da Presidente D.Lurdes.
    Em especial quem andou na campanha dando o Litro.
    Eu só bebi minis estou lixado

    ResponderEliminar
  18. Anónimo9/4/10 20:53

    Isso é treta! A muitos, que lá andaram a dar o litro, ela agora nem fala. Igual para o Zé Sério.

    ResponderEliminar
  19. Porque será que a "justa" foi a Oroso?.

    ResponderEliminar
  20. Pois é ó súcias! Os "santos" que vocês puseram no andor são pobres e mal agradecidos...

    ResponderEliminar
  21. ao 14.53
    Então estavam á espera de quê?
    Atingiram os objectivos que queriam,já não precisam deles.
    É tipo,usar e deitar fora,descartavéis!
    Mas que continuem á espera que daqui a 4 anos eles voltam a lembrar-se deles,a reatar as amizades!

    ResponderEliminar
  22. Porque e que a d. Lurdes "justa" foi a Oroso? Alguem sabe dizer alguma coisa?

    ResponderEliminar
  23. porque aproveitam tudo pafra chular a <<<<<câmara. Ou julgam que ela é secretária da AM porque tem m'erito? Até anularam o concurso onde a tecnica a quem ela bateu (e foi condenada por isso...). Isto é mafia pura e dura...

    ResponderEliminar
  24. E por falar em concursos?
    Parece que os concursos que abriram foi só para inglês ver.
    O concurso foi aberto há um ano e ainda não sairam os resultados!
    Inacreditável!
    É uma vergonha!
    Fazem as pessoas de parvas. Andaram a fazer testes e entrevistas... para quê?
    Ainda querem a fixação dos jovens em Góis...

    ResponderEliminar
  25. Mas, afinal, o concurso foi ou não anulado?
    Alguém me sabe dizer alguma coisa?

    ResponderEliminar
  26. É claro que mudando a Câmara de mãos, muda também a sorte de quem lá poderá arranjar trabalho.

    ResponderEliminar

Não será permitida linguagem abusiva. Liberdade de Expressão não é ofender, levantar falso testemunho ou ridicularizar os outros. É vos dado livre arbítrio, façam um bom uso dele.
Por opção editorial, o exercício da liberdade de expressão é total, sem limitações, nas caixas de comentários abertas ao público. Tais comentários podem, por vezes, ter um conteúdo susceptível de ferir o código moral ou ético de alguns leitores, pelo que não recomendamos a sua leitura a menores ou a pessoas mais sensíveis.